martes, 1 de abril de 2014

I Parada Familiar de Xogos Tradicionais

Organizada conxuntamente pola ANPA, Concello e CPI de San Sadurniño, esta actividade terá lugar o sábado 12 de abril de 2014 en horario de 16:30 a 19:30 h.

O obxectivo desta actividade é ofrecer un espazo e un tempo de xogo para toda a comunidade educativa do CPI San Sadurniño.

E xa que temos listo o cartaz, velaí vos vai para que vos vaia soando a imaxe. Facendo clic nela poderedes descargalo en formato pdf.


E hoxe enviamos aos domicilios do alumnado de Educación Infantil e Primaria o tríptico informativo. Igualmente, podedes descargalo en formato pdf facendo clic na seguinte imaxe: