domingo, 23 de abril de 2017

III edición: que pasou?

Onte celebramos a terceira edición da Parada, e dende a organización consideramos moi boa a acollida e participación na actividade.
Segundo os datos que manexamos, algo más de 200 persoas (entre rapazada, familias e membros da organización) gozaron dunha tarde de xogos "dos de sempre".
Isto lévanos xa a ir pensando na seguinte edición en función das suxestións que nos foron feitas ao longo da xornada, así que para o ano ... Máis e mellor!
E como mostra do acontecido, velaí tedes un vídeo que recolle as diferentes propostas de xogo desta edición:


mércores, 12 de abril de 2017

Os xogos da III edición

Xa temos establecido cales serán os xogos deste ano, podedes descubrilos facendo clic na seguinte imaxe:


Tede en conta que os xogos están pensados para todas as idades: para nenos e nenas, para nais e pais e incluso para avós e avoas!

Lembrade! O sábado 22 de 16:30 a 19:00 h.

venres, 7 de abril de 2017

III Parada Familiar de Xogos Tradicionais

Despois de ter que anular o ano pasado a III edición debido á climatoloxía, volvemos á carga coa actividade.


Así que tomade nota: sábado 22 de abril de 16:30 a 19:00 h. na Finca de A Cortiña, agardamos que este ano o tempo permítanos gozar de diferentes xogos tradicionais.

Para esta edición contamos ofrecer algunha novidade. En canto teñamos completamente definido o programa de xogos publicarémolo.

O que si que imos precisar é a colaboración de adultos e adultas que se presten a responsabilizarse dalgún dos xogos. Quen se anime, que contacte con Iván no colexio ou que llo notifique por correo electrónico (iamontes@cpisansadurnino.org).

E para que vos vaia soando a imaxe deste ano, velaí vai o cartaz: