domingo, 23 de abril de 2017

III edición: que pasou?

Onte celebramos a terceira edición da Parada, e dende a organización consideramos moi boa a acollida e participación na actividade.
Segundo os datos que manexamos, algo más de 200 persoas (entre rapazada, familias e membros da organización) gozaron dunha tarde de xogos "dos de sempre".
Isto lévanos xa a ir pensando na seguinte edición en función das suxestións que nos foron feitas ao longo da xornada, así que para o ano ... Máis e mellor!
E como mostra do acontecido, velaí tedes un vídeo que recolle as diferentes propostas de xogo desta edición:


mércores, 12 de abril de 2017

Os xogos da III edición

Xa temos establecido cales serán os xogos deste ano, podedes descubrilos facendo clic na seguinte imaxe:


Tede en conta que os xogos están pensados para todas as idades: para nenos e nenas, para nais e pais e incluso para avós e avoas!

Lembrade! O sábado 22 de 16:30 a 19:00 h.

venres, 7 de abril de 2017

III Parada Familiar de Xogos Tradicionais

Despois de ter que anular o ano pasado a III edición debido á climatoloxía, volvemos á carga coa actividade.


Así que tomade nota: sábado 22 de abril de 16:30 a 19:00 h. na Finca de A Cortiña, agardamos que este ano o tempo permítanos gozar de diferentes xogos tradicionais.

Para esta edición contamos ofrecer algunha novidade. En canto teñamos completamente definido o programa de xogos publicarémolo.

O que si que imos precisar é a colaboración de adultos e adultas que se presten a responsabilizarse dalgún dos xogos. Quen se anime, que contacte con Iván no colexio ou que llo notifique por correo electrónico (iamontes@cpisansadurnino.org).

E para que vos vaia soando a imaxe deste ano, velaí vai o cartaz:



mércores, 20 de abril de 2016

Preparando a III edición

Atopámosnos traballando xa na edición do 2016. En breve teremos máis información dispoñible sobre os xogos e actividades deste ano.

E coma adianto, o bosquexo do cartaz:


mércores, 27 de maio de 2015

Como chegar

Debido a que o día da Parada tamén se celebra nas proximidades o Rallye de Narón, probablemente haberá restricións de tráfico.

Polo tanto, recoméndase empregar o seguinte itinerario, que estará sinalizado nos cruzamentos máis problemáticos.

Facendo clic na imaxe accederedes ao percorrido en Google Maps.


xoves, 16 de abril de 2015

II Parada Familiar de Xogos Tradicionais

Xa estamos en condicións de confirmar a segunda edición desta actividade. Neste caso desenvolverase o sábado 6 de xuño no Campo de Fútbol e Local Social da AVV de Naraío, en horario de 16:30 a 19:00 h.

Coma novidades respecto da edición anterior destacamos as seguintes:

  • Sumamos unha entidade colaboradora. Se na primeira edición foron o CPI San Sadurniño, a ANPA do CPI San Sadurniño e o Concello de San Sadurniño as entidades implicadas na súa celebración, este ano súmase á iniciativa a Asociación de Veciñ@s de Naraío. Polo tanto, faise coincidir a Parada coa presentación do Festival do Río Castro.
  • Hai variacións tanto nos xogos coma na tipoloxía dos mesmos. Podedes ver cales se poderán practicar no cartaz.

  • Dentro das novas actividades, resulta destacable a realización dun Obradoiro de Enredos a cargo de Xosé López González e Jose Manuel García Fernández, autores das magníficas obras "Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros. Primavera-verán" e "Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros. Outono-inverno".
       
  
  • Outra das novas actividades será a realización dun Obradoiro de Xogos Musicais á fronte do cal atoparase Carmen Lorenzo, quen colabora con Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional no obradoiro que se desenvolve no Encontro Escolar de Xogos Tradicionais de ámbito galego que organiza esta entidade.


E de momento, máis nada! Só queda agardar que nos faga bó tempo!