xoves, 16 de abril de 2015

II Parada Familiar de Xogos Tradicionais

Xa estamos en condicións de confirmar a segunda edición desta actividade. Neste caso desenvolverase o sábado 6 de xuño no Campo de Fútbol e Local Social da AVV de Naraío, en horario de 16:30 a 19:00 h.

Coma novidades respecto da edición anterior destacamos as seguintes:

  • Sumamos unha entidade colaboradora. Se na primeira edición foron o CPI San Sadurniño, a ANPA do CPI San Sadurniño e o Concello de San Sadurniño as entidades implicadas na súa celebración, este ano súmase á iniciativa a Asociación de Veciñ@s de Naraío. Polo tanto, faise coincidir a Parada coa presentación do Festival do Río Castro.
  • Hai variacións tanto nos xogos coma na tipoloxía dos mesmos. Podedes ver cales se poderán practicar no cartaz.

  • Dentro das novas actividades, resulta destacable a realización dun Obradoiro de Enredos a cargo de Xosé López González e Jose Manuel García Fernández, autores das magníficas obras "Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros. Primavera-verán" e "Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros. Outono-inverno".
       
  
  • Outra das novas actividades será a realización dun Obradoiro de Xogos Musicais á fronte do cal atoparase Carmen Lorenzo, quen colabora con Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional no obradoiro que se desenvolve no Encontro Escolar de Xogos Tradicionais de ámbito galego que organiza esta entidade.


E de momento, máis nada! Só queda agardar que nos faga bó tempo!




Ningún comentario:

Publicar un comentario